Tres proxectos de emprendemento xurdidos da Universidade de Vigo serán preincubados na Tecnópole
xoves, 3 de maio do 2018
O Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) acolleu
esta mañá o acto de presentación dos proxectos seleccionados no Campus de
Ourense na sétima edición dos premios INCUVI-Emprende e na terceira edición
dos premios INCUVI-Avanza, convocados pola Universidade de Vigo e nos que
Tecnópole colabora cedendo espazo no seu niño de empresas, durante un ano, aos
tres proxectos gañadores na modalidade INCUVI-Emprende. No acto, participou a
directora da Axencia Galega de Innovación e vicepresidenta de Tecnópole,
Patricia Argerey.
En concreto, os proxectos que se aloxarán no niño de
empresas do edificio CEI do Parque son: Aproveitamento de recursos forestais,
impulsada polo egresado da Escola de EnxeñarÃa Industrial Juan José Gil;
ReivindicARTE, promovido por Violeta Pérez, estudante da Facultade de Ciencias
da Educación de Ourense, xunto a Sabela Pindusa MartÃnez e Jorge Varandela; e
Biolux, unha idea procedente de estudantes da Facultade de Ciencias e
representados por Daniel Docampo, xunto a Aida Otero e Borja Fraguela.
Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación
e vicepresidenta de Tecnópole, deu a benvida ao Parque e felicitou aos
proxectos seleccionados e puxo á súa disposición todos os servizos e espazos
que Tecnópole ofrece ao resto de empresas e centros tecnolóxicos que alà se
aloxan. Ademais, agradeceu ás entidades implicadas na organización destes
galardóns a súa participación: a Universidade de Vigo, a Asociación de Xoves
Empresarios, Expoourense e a Confederación de Empresarios de Ourense.
Argerey aproveitou para lembrar o apoio da Xunta de Galicia
ao emprendemento innovador, un área de acción que seguirá sendo estratéxica no
Plan Galicia Innova 2020, e destacou dous instrumentos da ConsellerÃa de
EconomÃa, Emprego e Industria que traballan nesta dirección: a Rede de
Aceleradoras de Galicia e os fondos de capital risco. A Rede de Aceleradoras de
Galicia permitiu apoiar máis de 600 proxectos nos últimos cinco anos cun
investimento de 18 millóns de euros a través de iniciativas como VÃaGalicia, a
Business Factory Auto ou Agrobiotech Innovación. Por outra banda, GAIN impulsa
en colaboración co IGAPE e Xesgalicia fondos de capital risco como o Fondo
Galicia Iniciativas Emprendedoras que ofrece apoio financeiro a iniciativas de
emprendemento.
Ademais, a directora de GAIN inscribiu os proxectos
seleccionados nos retos identificados pola Estratexia de Especialización
Intelixente de Galicia-RIS3 para o perÃodo 2014-2020, en concreto, no reto 1,
xestión innovadora dos recursos naturais e culturais, e no reto 3, un novo
modelo de vida saudable baseado no envellecemento activo.
Os premios INCUVI-Emprende e INCUVI-Avanza
O obxectivo dos premios INCUVI-Emprende é fomentar o
espÃrito emprendedor entre estudantes e persoas egresadas da Universidade de
Vigo a través dun concurso de ideas que proporcione a proxectos emprendedores
dos tres campus un programa de preincubación dun ano, mentres que o dos premios
INCUVI-Avanza é ampliar durante un ano máis o apoio a aqueles proxectos
empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados na convocatoria
anterior dos premios INCUVI.
A Universidade de Vigo, organizadora dos premios, ofrece as
actividades formativas e de asesoramento e titorización dos proxectos no caso
dos premios INCUVI-Emprende, asà como tamén a estadÃa no seu Centro de
Investigación, Transferencia e Innovación de Ourense (CITI) para o premiado
INCUVI-Avanza no Campus de Ourense.
Pola súa banda, Tecnópole acolle durante un ano na súa
preincubadora de empresas os proxectos seleccionados na categorÃa
INCUVI-Emprende, asà como dá acceso aos espazos e servizos comúns que ofrece ás
empresas e centros que están aquà ubicados. Algunhas destas prestacións que o
Parque Tecnolóxico de Galicia pon á súa disposición son: formación,
asesoramento en comunicación, acceso a aulas e salas de reunións, rede de fibra
óptica, conectividade sen fÃos, infraestruturas cientÃfico-tecnolóxicas asÃ
como servizo de soporte á xestión e viabilidade empresarial, entre outros.