Transmission adáptase a Leopard coa súa versión 1.0

martes, 8 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Os usuarios de Mac OS X xa contan cunha actualización do seu cliente da rede BitTorrent máis popular, Transmission, que inclúe múltiples melloras e adapta a súa aparencia a Leopard.
Transmission 1.0 ten unha nova fiestra de estatísticas e modifica a súa aparencia visual (incorporando tamén un modo no que a fiestra da aplicación ten un tamaño reducido, para ocupar pouco no escritorio cando non se está operando sobre a súa interface) conservando a súa pouca carga do sistema operativo.
A aplicación é de código aberto e funciona tanto en Mac OS X coma en Linux.

PUBLICIDADE