TikTok incrementa a duración máxima dos seus vídeos

luns, 28 de febreiro do 2022 Marcus Fernández

Os vídeos de TikTok comezaron unha limitación de duración de 15 segundos que rapidamente pasou a ser de 60 segundos, e o pasado verán ampliaron a duración até os 3 minutos, límite que está a ampliarse estes días, de xeito que tras varios meses de probas será posible compartir vídeos de até 10 minutos na aplicación social de maior crecemento dos últimos meses.
Confían en que poder compartir vídeos de maior duración poida servir para abrirse a novos formatos de contido, como poderían ser receitas de cociña, titoriais, contido educativo e moitas outras creacións que até o momento tiñan que repartirse en varios días, resultando complicadas de consumir en TikTok.
Podemos así entender que esta aplicación amplía a duración dos vídeos para poder facerse cunha parte da torta publicitaria que actualmente ten YouTube, ou sexa, que non se confirmaría ter eclipsado a Instagram.

PUBLICIDADE