TikTok Now anuncia o seu peche

martes, 27 de xuño do 2023 Marcus Fernández

Nun momento no que BeReal aspiraba a converterse na aplicación móbil do momento, TikTok reaccionou clonándoa como TikTok Now, e agora que BeReal perdeu o seu pulo inicial e TikTok Now non conseguiu consolidarse, chegou o momento de recoller cable e unha notificación enviada aos seus usuarios indicaría que a aplicación de ByteDance que quería aproveitar a tendencia da fotografía dual botará o peche 9 meses despois do seu lanzamento.
Aínda que TikTok Now quería dar unha volta ao concepto de BeReal (permitindo vídeos de 10 segundos de duración e non só fotografías), finalmente este tipo de publicación social pasou de moda e quedou cun número reducido de usuarios.
ByteDance non deu explicacións sobre o motivo que leva ao peche de TikTok Now, pero o feito de que BeReal non se convertese nun grande fenómeno como algúns predicían pode darnos a entender que o nivel de uso de TikTok Now era aínda menor.
Aínda que copiar os servizos da competencia poida parecer unha mala práctica, actualmente é inevitable, e incluso Instagram plaxio a funcionalidade de BeReal, aínda que con pouca fortuna, pero non podemos esquecer que esta plataforma social de Meta consegue manter o seu pulo grazas ás novidades que integra frecuentemente, e a súa característica de maior éxito (as historias) tamén foron copiadas doutro servizo (Snapchat).

PUBLICIDADE