The New York Times subvenciona eReaders para subscritores dixitais

martes, 10 de xaneiro do 2012 Marcus Fernández

Os lectores de libros electrónicos parecen estar asentándose no mercado, e reaccionado aos ventos de cambio o diario The New York Times e a revista People decidiron subvencionar os lectores NOOK de Barnes & Noble de xeito que quen se subscriba ao The New York Times durante un ano (por 19,99 dólares/mes) poderá ter un NOOK Simple Touch de balde ou un NOOK Color por 99 dólares (o que suporía unha rebaixa de 99 dólares), mentres que coa subscrición á revista People (9,99 dólares/mes) terá unha rebaixa de 50 dólares no NOOK Tablet.
Estamos ante un xeito atractivo de recibir a prensa en dispositivos electrónicos, facilitando a compra dos mesmos e supondo incluso un importante aforro con respecto das versión impresas (tanto para os consumidores como para as editoras). Amais, os usuarios que se subscriban á versión para eReaders do The New York Times tamén poderán acceder de balde a todos os contidos da súa páxina web (na que hai contidos adicionais coma vídeos e gráficos interactivos).

PUBLICIDADE