Terry Semel deixa a dirección de Yahoo

martes, 19 de xuño do 2007 Marcus Fernández

O director xeral de Yahoo, Terry Semel, deixa o seu cargo ó que se incorporara en 2001, de xeito que un dos co-fundadores da compañía, Jerry Yang, ocupará tal posto de xeito provisorio, pasando a presidencia a mans de Sue Decker.
Semel tivo que dirixir a empresa nun dos momentos máis difíciles do sector dos portais de Internet, tendo que enfrontarse tamén ó éxito de Google, de xeito que Yahoo non foi capaz de colocarse na posición dominante que perseguía.
Este cambio en Yahoo está a verse de xeito moi positivo, pois moitos agardan agora grandes cambios na compañía que mesmo están a darlle un pulo na súa cotización bursátil.

PUBLICIDADE