Televés pon en marcha un programa educativo encamiñado ao eido da Electricidade e a Electrónica
mércores, 23 de abril do 2014
Os
ciclos formativos relacionados coa Electricidade e a Electrónica
recibiron este mércores boas novas, pois Televés -compañÃa global
de sistemas e produtos asociados ás telecomunicacións para o fogar-
vén de anunciar que coa colaboración de Inlea
e Academia
Postal porá en marcha un programa
educativo chamado Televés
SkillsAlliance. O dito programa consiste nun conxunto de recursos
didácticos encamiñados aos centros de Formación Profesional, para
achegar aos seus estudantes formación teórica 100% actualizada e
prácticas en contornas de traballo reais, coas últimas innovacións
tecnolóxicas no eido das Infraestruturas Comúns de
Telecomunicacións (ICT).
O proxecto
dará comezo ao longo do mes de maio, sendo presentado aos docentes
de Formación Profesional de toda España, con eventos que terán
lugar en Madrid (dÃa 7), Santiago de Compostela (14), Barcelona (20)
e Sevilla (22).
Televés
SkillsAlliance empregará unha metodoloxÃa colaborativa que combina
a experiencia no mercado de profesionais en activo, a última
tecnoloxÃa de Televés e as necesidades reais das empresas
empregadoras de instaladores e técnicos.
Emporiso, o
curso ICT está dirixido nunha primeira fase a estudantes de ciclos
formativos. Nunha futura fase terá a finalidade de impartir
certificados de profesionalidade en montaxe e mantemento de
infraestruturas de telecomunicacións en edificios. Dicir que o
alumnado e os profesores terán acceso a unha completa gama de
produtos e ferramentas profesionais de Televés, como: a antena DAT
HD BOSS, a central amplificadora programábel Avant HD ou os
medidores de campo portátiles con procesador dixital H45 Compact e
H60.