Televés instala as súas balizas Arousa no Observatorio Galáctica de Arcos de las Salinas

martes, 6 de setembro do 2022 S. P.

Televés está a poñer a súa tecnoloxìa en iluminación intelixente, eficiente e sustentábel ao servizo de espazos de investigación impulsados para revilitazar contornas da chamada “España baleirada”. Por exemplo o Observatorio Galáctica de Arcos de las Salinas (Teruel), que contarán coas balizas Arousa de Televés para alumear os seus exteriores. Trátase dun parque científico habilitado tras dez anos de desenvolvemento e cun investimento de 1,2 millóns de euros e que, en palabras de Televés, constitúe un complexo de investigación único en Europa, “unha infraestrutura científico-técnica singular na que a divulgación e a investigación serán absolutas protagonistas”.
O centro, equipado con instrumentación profesional e ata cunha sala de control, non será só un espazo para a produción de ciencia e innovación, senón tamén para a divulgación e as acttividades de tipo didáctico e de lecer. “Unha característica que se espera revitalice a localidade de Arcos de Salinas e a toda a súa contorna”, informou a empresa tecnolóxica compostelá, engadindo que só neste primeiro verán de funcionamento a previsión é recibir uns 5.000 visitantes, mentres que ao longo do próximos catro anos estímase que esta cifra se eleve ata os 110.000, o que sitúa a media anual en 27.000 visitantes. “Unhas cifras que, sen dúbida, converterán á Serra de Gúdar-Javalambre nun lugar de interese turístico, todo grazas á ciencia”, engade a compañía.
O compoñente lumínico achegado por Televés ten na súa orixe a necesidade de garantir e acompañar nas mellores condicións posíbeis a observación do cosmos. Da man da empresa instaladora Aplicacións Eléctricas Sánchez e o distribuidor Jab Teruel, despregáronse as balizas Arousa en temperatura de cor PC Ámbar, solución idónea para a iluminación de centros urbanos e zonas peonís, xa que as luminarias cumpren cos requisitos técnicos establecidos polo CEI/IDAE.
O deseño e fabricación (tanto electrónica como mecánica) das balizas Arousa foi realizado na súa totalidade por Televés, quen xa atesoura unha gran experiencia neste eido, como demostran os seus despreguens intelixentes e sustentábeis en Martos, Xaén (cusa iluminación pública enaltece a súa condición de destino turístico protexendo a visibilidade do ceo nocturno).

PUBLICIDADE