Televés facilítanos cunha guía o acceso ás axudas de dixitalización rural do Plan ÚNICO
mércores, 26 de outubro do 2022
A
empresa compostelá Televés elaborou unha guía
para a xestión das axudas estatais do Plan ÚNICO, destinado a
dar un impulso decisivo á banda larga no rural. Segundo fai saber a
compañía, trátase
“dunha guía definitiva” que serve de axuda a todos os axentes
interesados en acceder a estes apoios na súa xestión e presentación
de propostas. O Plan ÚNICO é, en palabras de Televés, unha
iniciativa que pon o foco en conectar a España baleirada á Internet
ultrarrápida, superior a 100 Mbps, cunha previsión de chegar a
1.265.967 fogares e empresas situadas en 4.516 municipios de toda
España, completando así a transformación dixital do país.
O
plan, engade a empresa de Santiago, ten a súa orixe na situación
actual de España en materia de conectividade, que “non conta cunha
rede de banda larga uniforme ao longo do seu territorio, existindo
numerosas zonas nas que este servizo ou non chega nas mellores
condicións ou, directamente, non existe”. O Goberno quixo saír ao
paso desta realidade co dito plan, que busca converterse no principal
vector de vertebración territorial e cohesión social.
Enfocado
á Axenda Dixital 2025 do Plan de Recuperación e dotado con 250
millóns de euros, englobará outras convocatorias e solucións coas
que se completará a universalización do acceso á banda larga ultra
rápida en todo o territorio.
A
segunda convocatoria do programa ÚNICO lanzada polo Ministerio de
Asuntos Económicos e Transformación Dixital estará aberta ata o 31
de decembro de 2023, para fogares ou empresas situadas en zonas
illadas ou remotas, fomentando a despregadura das infraestruturas de
comunicación necesarias para prestar servizos aos seus usuarios, de
polo menos 300 Mbps e con posibilidade de evolucionar a 1 Gbps
simétricos.
“En
Televés somos conscientes de que tanto a linguaxe como os pasos a
dar neste tipo de procedementos poden ser arduos, sobre todo para
aqueles particulares e empresas que non estean familiarizados con
eles, por iso creamos a guía definitiva para axudar aos
destinatarios potenciais a coñecer a repartición de fondos e liñas
de actuación por Comunidade Autónoma, así como a presentar a
solicitude de axudas”, engade a empresa de Santiago.
Nesta
completa guía atoparemos os seguintes contidos:
●
Repartición de fondos: Criterios e contías por Comunidades
Autónomas
●
Liñas de actuación
●
Requisitos para renovacións de radiotelevisión e banda larga
ultrarrápida
●
Gastos subvencionábeis e intensidade das axudas
●
Traballos vencellados ao titulado competente e empresa instaladora
●
Prazos de solicitude de axudas segundo o RD de lei 36/2020 do 30 de
decembro
●
Todos os documentos necesarios para solicitar a subvención