Televés certifica a calidade dos seus procesos de desenvolvemento de software

xoves, 28 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

A calidade do software ten cada día unha maior importancia nas organizacións, pola súa influencia na eficiencia operativa, na calidade do produto e, en definitiva, na capacidade para competir nos contextos globalizados. Como froito dun proceso de mellora iniciado en 2006, Televés vén de acadar o nivel 2 de cumprimento do estándar internacional ISO/IEC-15504, que certifica a calidade dos seus procesos de desenvolvemento e enxeñaría de software. Esta norma é coñecida tamén como SPICE: Software Process Improvement and Capability dEtermination, e garante a calidade do software desenvolvido, permitindo a avaliación e mellora continua dos procesos.
A implantación deste estándar certifica a decidida aposta de Televés polas mellores prácticas en desenvolvemento da tecnoloxía de software a nivel mundial e ratifica o compromiso da compañía coa calidade.
Asemade, en Televés cabe destacar oo desenvolvemento de aplicacións como CAST60, un software de referencia para a elaboración de estudos predictivos sobre o comportamento do sinal de radiotelevisión en instalacións de distribución; a aplicación para a configuración remota de cabeceiras CDC, ou o CoaxManager, sofware para a configuración do sistema CoaxData, para a transmisión de datos por banda ancha a través do cable coaxial ou eléctrico.

PUBLICIDADE