Telegram proba funcionalidades de pagamento

luns, 2 de maio do 2022 Marcus Fernández

A aplicación de mensaxería instantánea Telegram está a traballar en funcionalidades de pagamento, que segundo unha versión de proba non oficial da aplicación para iOS afectaría principalmente aos adhesivos e ás reaccións, que poderían ampliarse a través de coleccións exclusivas, descoñecéndose polo momento o prezo que cobrarán por estes contidos de Telegram Premium.
Enténdese que as novas funcionalidades chegarán a través dun programa de subscrición, do que non dan detalles do prezo mensual que terá, pero que parece que vai ser unha das moitas novidades que prepara Telegram para poder desenvolver un modelo de negocio ao redor da plataforma, o que podería levar tamén a pagar para eliminar a publicidade nas canles masivas.

PUBLICIDADE