Telefónica ofrecerá máis datos e contidos aos seus clientes para mitigar o impacto social do coronavirus

martes, 10 de marzo do 2020 Marcus Fernández

O presidente executivo de Telefónica, José María Álvarez-Pallete, vén de anunciar que ante o impacto social do COVID-19 van emprender medidas para garantir que a súa rede de telecomunicacións funcione a pleno rendemento, dun xeito fiable, estable e seguro; e a nivel interno tamén propiciarán que os seus profesionais tiren proveito do teletraballo, especialmente cando teñan fillos en idade escolar ou familiares en conectivos de risco.
De cara aos consumidores, Pallete asegura que van incrementar 30 GB de datos ao mes (durante 2 meses) ás liñas móbiles dos clientes de Fusión e de contratos móbiles de Movistar; para facilitar o lecer no fogar incrementarán a súa oferta de contidos (especialmente contidos infantís e eventos deportivos) a través da aplicación Movistar+ Lite, onde os clientes e non clientes poderán gozar dun mes de balde; e ofrecerán de balde aos clientes de Fusión a aplicación con contidos para pequenos Movistar Junior.
Tamén anuncia que dende a Fundación Telefónica van reforzar os seus contidos educativos a través de plataformas dixitais en liña (Scolartic e a Plataforma Conecta Empleo).

PUBLICIDADE