Telefónica eleva o seu beneficio un 38,5% en 2020

xoves, 25 de febreiro do 2021 Pedro Pérez

En plena pandemia, a compañía Telefónica obtivo un beneficio neto de 1.582 de euros en 2020, un 38,5 % máis que no ano anterior. O resultado demostra a eficiencia na xestión e súa fortaleza financeira nunha situación límite por mor da COVID-19, cunha xeración de caixa de 4.794 millóns de euros no conxunto do exercicio.
Os resultados do 2020 confirman a progresión das contas ao largo do curso, xa que nos primeiro seis meses limitouse a 1.222 millóns de euros, e na segunda metade aumentou ata os 3.572 millóns de euros, alcanzando así a cifra final de 4.794 millóns de euros.
Os ingresos da entidade recollen o maior dinamismo rexistrado nos últimos meses do exercicio, impulsado fundamentalmente pola crecente actividade comercial e operativa nos seus catro mercados: España, Alemaña Brasil e Reino Unido. España segue a ser o país que proporciona unha maior porcentaxe de ingresos, un 28,8%.
A capacidade do grupo para xerar en caixa permitiu un substancial recorte no endebedamento da compañía, xa que entre outubro e decembro, a débeda neta descendeu en 1.449 millóns de euros. Desde mediados do 2016 esta débeda financeira reduciuse en 17.000 millóns de euros
Doutra banda, Telefónica propoñerá á próxima Xunta Xeral de Accionistas a aprobación da política de remuneración ao accionista para 2021, consistente nun dividendo de 0,30€ por acción en decembro pagadeira en decembro de 2021. Esta decisión permite á entidade proseguir coa transformación da compañía investindo nas áreas de maior potencia de crecemento.
Os clientes de alto valor son outro ámbito no que Telefónica conseguiu un avance. A compañía segue atraendo e retendo clientes, ampliando a base de accesos nun 0,3%, ata un total de 345,4 millóns de euros. Estes resultados son froito dun exercicio marcado por unha maior satisfacción e fidelidade dos seus clientes.

PUBLICIDADE