Telefónica e a Wikipedia colaborarán na creación de contidos en español

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A Fundación Telefónica e a Fundación Wikimedia (responsable da Wikipedia) asinaron hoxe un convenio para o intercambio de contidos educativos en español. As entidades centrarán os seus esforzos en enriquecer e contribuír con maior número de coñecemento en español a través do portal EducaRed, que incorporará varios proxectos da Wikipedia aos seu currículo docente como ferramenta para o ensino.
O acordo tamén recolle a creación de ferramentas específicas de código aberto que faciliten o acceso á educación a través de ambas plataformas, en especial, nalgunhas rexións de América Latina onde a Fundación Telefónica vén da desenvolver dende hai anos programas de acción social e educativa.

PUBLICIDADE