Telecinco e Cuatro abordan hoxe o seu pacto de fusión
venres, 18 de decembro do 2009
As cadeas nacionais Telecinco e Cuatro,
teñen todo preparado, segundo anuncia El
Correo Digital de hoxe, para levar a cabo a “primeira fusión de cadeas de televisión privada en España”.
Ao parecer, Mediaset e Prisa teñen
pactada a integración inmediata de Telecinco e Cuatro, unha decisión que vai
ser abordada hoxe polos Consellos de ámbalas dúas cadeas, xa que suporá a
ampliación do capital da cadea controlada por Berlusconi e a entrada de Prisa
no capital social de Telecinco con entre un 20 e un 25 por cento do
accionariado.
A fusión supón que ambas cadeas sigan a
operar a través das súas propias marcas, nembargantes, a xestión levarase a
cabo conxuntamente, ao mando de Alejandro Echevarría, como presidente e dous
conselleiros delegados, Paolo Vasile e Giuseppe Tringali.
Paralelamente, o grupo de Berlusconi
compraralle a Prisa un 22 por cento de Digital+, por unha cifra aproximada de
500 millóns de euros, compartindo accionariado con Telefónica, que hai uns 15
días pagou 470 millóns polo 21 por cento da plataforma de televisión por
satélite.