Tecnópole acolle o 23 unha xornada de I+D para firmas da alimentación

venres, 19 de novembro do 2010 Redacción

As empresas galegas do sector alimentario reuniranse o vindeiro 23 de novembro no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole), en Ourense, para afondar en diferentes frontes innovadoras que teñan capacidade para impulsar este eido produtivo, frontes entre as que se inclúen as novas tecnoloxías da coñecemento. A xornada, organizada pola Escola de Organización Industrial (EOI), ten o obxectivo de estimular a innovación entre as empresas galegas do sector da alimentación, polo que se fará fincapé en diferentes canles e métodos idóneos para permitir a transformación das ideas en feitos.

Ademais, durante a xornada promoverase o networking entre os empresarios asistentes, de cara a favorecer posibles vínculos de colaboración entre as distintas firmas.

PUBLICIDADE