Taylor Swift leva a interacción ao seu último vídeo musical

mércores, 12 de novembro do 2014 Marcus Fernández

Aínda que o feito de que pechase a porta a Spotify puidese dar a entender que Taylor Swift non é moi receptiva á experimentación en novos medios, a experiencia dinos xusto o contrario, pois a artista xa chegara a aparecer como personaxe no título musical Band Hero, e agora sorprende aos seus seareiros cunha aplicación que podemos descargar de balde para dispositivos con iOS ou Android chamada American Express Untaged: Taylor Swift Experience, que convídanos a explorar o vídeo musical do tema Blank Space incluído no álbum 1989 dun xeito innovador.

A aplicación móbil permite moverse en 360 gramos de xeito táctil ou movendo o dispositivo móbil ao noso redor

A aplicación permite tanto ver o vídeo musical orixinal como introducirse na súa acción mediante unha vista interactiva en 360 graos, de xeito que podemos ver todo o contorno ao redor do que transcorre a acción, e incluso explorar as distintas instancias da mansión na que se desenvolve o vídeo, vendo así as distintas accións que acontecen en paralelo, e incluso xogar a descubrir até 40 obxectos que podemos coleccionar, descubrindo no camiño contidos interesantes como un libro no que podemos ver letras de cancións escritas a man e incluso fotografías instantáneas dos gatos da cantante).


Vídeo musical de Blank Space

PUBLICIDADE