TV-FOX facilita ver a televisión no Firefox

xoves, 16 de abril do 2009 Marcus Fernández

Os usuarios que gusten de seguir certas canles de televisión a través da Internet, téñeno agora máis doado grazas a TV-FOX, un engadido para o navegador web Firefox que permite abrir pequenas fiestras nas que ver a televisión en directo, podendo elixir entre unha listaxe dunhas 2.780 canles, das que hai que recoñecer que moitas non están operativas, e a súa oferta española é bastante reducida, pero resultando útil para localizar emisións internacionais.
Esta ferramenta funciona sen problemas en Windows, mentres que en Mac OS X e Linux é preciso instalar máis aplicacións que faciliten o acceso a vídeo en streaming.

PUBLICIDADE