TSMC deixará de producir procesadores para Huawei

luns, 18 de maio do 2020 Marcus Fernández

Tras anunciarse que o veto de EE.UU: a Huawei duraría como mínimo un ano máis, impedindo que os novos smartphones da marca chinesa poidan contar cos servizos de Google, chegan informacións que apuntan a que a ofensiva estadounidense estaría indo máis aló, e estaría a forzar ao fabricante de procesadores TSMC a deixar de atender novos pedidos de Huawei. Iso non significaría directamente o peche da billa por parte de TSMC, senón que deixaría de subministrar procesadores a Huawei aproximadamente a partires de setembro (xa que aínda faltan varios meses para que deixen de servir os pedidos actuais).
Estas medidas de EE.UU. son un duro golpe para ambas partes, xa que non só Huawei tería problemas para poder fabricar nosos dispositivos, senón que TSMC perdería ao seu segundo mellor cliente.
Ante esta nova situación Huawei podería recorrer a Samsung como provedor de procesadores (pois a súa tecnoloxía non é estadounidense) o producir os seus chips en China, algo que levan explorando bastante tempo, pero que dificilmente poderían abordar a medio prazo cun nivel de produción á altura do volume de smartphones que comercializan cada ano. De producirse este cambio, as agresivas políticas de Trump poderían rematar sen moi negativas para EE.UU., xa que diría adeus a bos clientes que pasarían a traballar con tecnoloxías propias en vez de con tecnoloxías estadounidenses, o que a longo prazo sería unha grande ameaza para a posición que actualmente ostentas os EE.UU.

PUBLICIDADE