Symantec detectou un fallo de seguridade en Facebook

mércores, 11 de maio do 2011 Marcus Fernández

Symantec informou no seu blog de que un fallo de seguridade en Facebook permitiu a anunciantes e a terceiros o acceso a contas de usuarios e datos persoais durante os 4 anos que esta plataforma permitía a creación de aplicacións.
Dende Symantec estiman que preto de 100.000 aplicacións poderían facer uso deste fallo de seguridade, asegurando que durante os últimos anos puideron estar a roubarse datos persoais sen a súa detección, aínda que dende Facebook aseguran que o problema foi corrixido e non existen evidencias de que na práctica existise a filtración de datos privados a través desta brecha de seguridade.

PUBLICIDADE