Suxiren que a Xbox One poderÃa ser unha boa ferramenta para as empresas
xoves, 11 de xullo do 2013
AÃnda
quedan varios meses para a chegada da Xbox One ás tendas, e aÃnda que se trate
dunha consola de videoxogos, dende Microsoft queren deixar claro que pode ser
moito máis, e nun dos blogs da compañÃa de Redmond un dos responsables da nova
máquina, Marques
Lyons, escribiu unha interesante entrada na que insta a ter en conta o uso da
Xbox One dentro das pequenas empresas.
Considera que o prezo de 499 euros da máquina é o suficientemente reducido como
para xustificar a súa compra, pensando na Xbox One como un equipos para estar
conectado, por exemplo, a unha pantalla para presentacións, que poderÃa ter
moita utilidade para, por exemplo, facer multi-conferencias de vÃdeo con Skype
(pois a consola inclúe unha nova versión de Kinect con vÃdeo Full HD). Tamén
considera interesante o feito de que a nova consola pode acceder ao ficheiros
de Skydrive (o que pode servir para presentar nunha sala de xuntanzas uns
documentos que podamos subir a través dun navegador web sen precisar de conectar
un portátil a un proxector), tamén pode tirar proveito de Wi-Fi Direct e
SmartGlass, de xeito que poderÃa amosarse unha presentación nun televisor e
controlar mentres o Internet Explorer cun tablet; e mesmo tirar proveito da
versión web do Office grazas a que a Xbox One incorporará Internet Explorer.
Aparte desas ideas, Lyons lembrou que aparecerán aplicacións para Xbox One que
poderÃan ser moi prácticas para os negocios, polo que estariamos ante unha
solución profesional moi interesante (principalmente por ter un prezo moito
máis asumible que outras solucións dirixidas á empresa que son moito menos
flexibles).