Susan Boyle lanza o disco máis reservado na historia de Amazon.co.uk

luns, 23 de novembro do 2009 Marcus Fernández

A escocesa Susan Boyle, que fíxose popular pola súa aparición no concurso Britain’s Got Talent e que conseguiu sona mundial a través de YouTube polo contraste entre a súa aparencia e as súas maneiras coa súa voz, e a forza desta estrela da Internet continúa a notarse precisamente na Rede, e na tenda virtual británica de Amazon rexistraron uns encargos do seu primeiro disco I Dreamed a Dream superiores aos de calquera outro CD vendido anteriormente en Amazon.co.uk (acadando tamén un resultados excelentes en Amazon.com, onde no momento de escribir estas liñas é o disco máis vendido).
Temos aquí un excelente exemplo de cómo un éxito na Internet trasládase ao mundo real.

PUBLICIDADE