StreamMyGame leva os xogos de PC á PS3 e outros dispositivos

martes, 15 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

Un novo servizo promete cambiar o xeito de gozar dos videoxogos para PC, pois StreamMyGame permite achegar os títulos reproducidos dende un ordenador equipado con Windows 2000, XP, MCE ou Vista a outros equipos conectados a través da rede local coma poden ser ordenadores con Linux ou Windows, consolas PS3 e mesmo a dispositivos con soporte de uPnP (coma podes ser PDA ou reprodutores multimedia portátiles).
Para que este sistema funcione é preciso contar cun ordenador bastante potente, e as imaxes transmitidas teñen resolucións de entre 640 x 480 a 3.200 x 2.400 píxeles, aínda que para as maiores resolucións é precisa pagar unha subscrición anual de 9,99 ou 19,99 dólares.
Esta solución permite, por exemplo, xogar a Crysis (título exclusivo para PC) dende a PS3, aínda que a súa utilidade máis interesante parece ser a retransmisión do vídeo das partidas (ou a súa gravación) en eventos públicos.


Demostración do xogo Crysis nunha PS3

PUBLICIDADE