Steve Jobs recoñece que non participará na Macworld Expo por problemas de saúde

luns, 5 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O anuncio de que Apple abandonaría a Macworld Expo e que Steve Jobs non participaría no evento deste ano deu moito que falar, tanto sobre a crise das feiras tecnolóxicas como da saúde de Jobs, pois nos últimos meses foron constantes os rumores que alertaban de complicacións na súa enfermidade (hai anos superou un cancro pancreático) e para evitar que se fale de máis o máximo responsable de Apple publicou unha carta na que anuncia que por primeira vez nunha década está a pasar o Nadal en familia, e se está a concentrar en superar un desaxuste hormonal que sería o causante da súa perda de masa corporal que tanto se notaba nas súas aparicións públicas.
Jobs agarda estar totalmente recuperado para primavera, e anuncia que non deixará as súas responsabilidades en Apple durante o proceso.

PUBLICIDADE