Starlink lanza varios satélites que darán cobertura móbil dende o espazo

xoves, 4 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

SpaceX realizou onte o lanzamento da misión Ovzon 3 para colocar en órbita 21 satélites da rede Starlink dos que 6 estarían destinados ao servizo Direct to Cell, ou sexa, para que no futuro teléfonos móbiles 4G/5G poidan comunicarse a través da rede móbil para intercambiar mensaxes de texto, realizar chamadas e incluso transferir datos en lugares afastados nos que até o momento non había comunicacións móbiles.
Os satélites lanzados onte están destinados a probas co operador T-Mobile, o que explican que sería como colocar torres de telefonía no espazo, aínda que cómpre lembrar que esta tecnoloxía no está pensada para competir con redes terrestres, senón para situacións de emerxencia.
Xa hai varios operadores de distintos países interesados en empregar este tipo de cobertura móbil achegada por Starlink, aínda que temos que lembrar que operadores como Vodafone xa están a traballar con outras compañías para este tipo de conectividade, e realizaron probas con éxito nos últimos meses.

PUBLICIDADE