Spotify supera os 200 millóns de euros de subscritores de pagamento

martes, 31 de xaneiro do 2023 Marcus Fernández

Spotify presentou hoxe os seus resultados para o cuarto trimestre de 2022, presumindo de conseguir chegar ao 489 millóns de usuarios activos ao mes (o que supón un incremento interanual do 20%), dos que 205 millóns serían subscritores de pagamento (medrando así un 14% nun ano), polo que estamos ante a primeira plataforma de música en streaming en superar os 200 millóns de usuarios de pagamento.
Dende Spotify consideran que experimentaron un trimestre moi forte, cuns ingresos de 2.717 millóns de euros por subscricións e 449 millóns de euros por publicidade, pero estes 3.166 millóns de euros non impiden que a compañía perda 231 millóns de euros neste período.
Os ingresos de Spotify medraron tanto polas subscricións como en publicidade, pero neste último caso non é a música o que potenciou os ingresos, senón que foi o podcasting, confirmando que a aposta da plataforma por ampliar o seu negocio aos distintos tipos de consumo sonoro (como son os podcasts e os audiolibros).
Aínda que conseguise uns resultados relativamente bos, e confíe en superar os 500 millóns de usuarios activos, prevé manter unhas perdas de 194 millóns de euros o trimestre que vén, confiando na resiliencia do seu crecemento.

PUBLICIDADE