Spotify permite compartir música a través de historias de Facebook

venres, 30 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A relación entre as plataformas sociais en liña e o mundo da música foi sempre complexa, pero hai ocasións nas que atopan a colaboración beneficiosa para ambas partes, ou iso semella que é o que acontece entre Facebook e Spotify, xa que Spotify vén de estrear a posibilidade de compartir o que estamos a reproducir na súa aplicación móbil a través das historias de Facebook.
Esta funcionalidade permite compartir música de Spotify nas historias de Facebook coa posibilidade de escoitar 15 segundos de mostra do tema, aínda que tal prestación limítase a cando compartirmos temas soltos, xa que se compartimos álbums ou listaxes de reprodución teremos que premer sobre a historia para poder realizar a escoita en Spotify.
Temos así novos xeitos de que usuarios e artistas poidan interactuar coa música a través das plataformas sociais.

A nova funcionalidade de Spotify potencia a compartición de música a través de plataformas sociais

PUBLICIDADE