Spotify estrea aplicación para Linux

luns, 12 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os usuarios de pagamento de Spotify xa poden probar a aplicación para Linux desta aplicación para escoitar música a través de streaming

O servizo de música a través de streaming Spotify, atendendo á demanda de moitos usuarios de Linux de todo o mundo que gustan de escoitar música no seu equipo, veñen de estrear unha versión previa da súa aplicación de reprodución musical para o sistema operativo libre, que conta con certas limitacións con respecto dos clientes de Spotify para Windows e Mac OS X (como o acceso á música almacenada localmente).
Polo momento, a versión para Linux de Spotify lánzase nun paquete para Debian Squeeze/Ubuntu 10.04 e só está dispoñible para subscritores Premium, posto que aínda non atoparon un xeito fiable de amosar publicidade na aplicación.

PUBLICIDADE