Spotify di ola ao iPod

mércores, 4 de maio do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles avanzados tiñan a posibilidade de subscribirse a Spotify Premium e así poder levar a súa música favorita no peto para reproducila cando gustasen, pero tal prestación non estaba dispoñible para o resto de usuarios, que non tiñan xeito de escoitar as súas listaxes de reprodución favoritas en mobilidade, e para superar tal atranco veñen de anunciar novas funcións de Spotify:
- Xestionar o iPod dende Spotify: agora será posible xestionar un iPod classic, nano ou shuffle en Spotify (para transferir ao reprodutor multimedia os temas en MP3 que mercásemos a través deste servizo musical ou que teñamos almacenados no noso equipo informático, permitindo dicir adeus a iTunes).
- Servizo de descargas de Spotify: este novo servizo permite ao usuario dunha listaxe de reprodución a compra dos temas en MP3 en conxunto (con prezos de entre 0,60 e 1 euro por canción segundo o volume de temas adquiridos).
- Aplicación Spotify móbil para todos: Os usuarios de Spotify Free que teñan iPhone ou móbil con Android tamén poderán gozar da aplicación nativa para o seu terminal, o que facilita a compra en e sincronización no móbil dos temas favoritos.


Anuncio das novidades en Spotify

PUBLICIDADE