Sony propón compartir a pantalla entre 2 xogadores mediante tecnoloxía 3D

martes, 20 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Multitude de videoxogos permiten compartir a consola entre varios usuarios simultáneos dividindo a pantalla en partes, de xeito que cada xogador emprega unha metade ou cuarto da imaxe para a súa partida, o que nalgúns caso pode ser bastante incómodo, por reducir excesivamente o tamaño da imaxe, o que Sony podería arranxar no futuro, ou iso parece ao ver que presentou un par de patentes que combinan a estereoscopía e a compartición da pantalla.
A idea desta solución resulta bastante doada de entender: Sony propón o uso de pantallas 3D, pero en vez de remitir unha imaxe para o ollo esquerdo e outra para o ollo dereito, creando así unha imaxe estereoscópica, destinan cada unha das imaxes xeradas a un xogador distinto (cuns lentes especiais que incluso integrarían auriculares), o que permitirá que 2 usuarios empreguen o mesmo monitor a pantalla completa pese a percibir imaxes totalmente distintas.

PUBLICIDADE