Sony presentou na Coruña a plataforma PlayStation Home
venres, 10 de xullo do 2009
No marco do festival Mundos Digitales, Peter Edwards e Dan
Hill amosaron
o mundo virtual en liña PlayStation Home, que permite aos usuarios
da PlayStation Network crear un avatar para moverse polo espazo virtual de
Sony, no que parece unha copia descarada de Second Life, e no que Sony ten
postas moitas esperanzas, e o propio Edwards declarou
hai pouco nunha entrevista que agardaban que «a xente mercará a PlayStation 3 para ter acceso a Home»,
o que non parece ter moito que ver coa realidade.
Na Coruña os responsables de Home apuntaron
que o servizo ten un público cunha idade media de entre 18 e 35 anos,
que serve para acceder a un grande número de videoxogos (podendo utilizarse
como punto de encontro previo cos amigos para definir as estratexias a seguir
nunha partida en liña) e que dende a posta
en funcionamento do servizo (obviando que polo momento está en probas, facéndose un lanzamento
anticipado para non incumprir unha vez
máis os prazos prometidos) recibiron a visita de 7 millóns de usuarios (3
millóns dos mesmos, europeos), o que algúns adiántanse a considerar un grande
fracaso, pois significarÃa que só 1 de cada 3 usuarios da PS3 terÃanse
interesados en probar Home e a súa
taxa de retorno parece ser bastante reducida segundo pode trasladarse dos
comentarios de moitos usuarios, que ven de xeito indiferente esta prometedora plataforma.