Sony estreará unha tenda de descargas de películas para PS3 este verán

xoves, 26 de xuño do 2008 Marcus Fernández

Sony presentou en Tokyo a súa estratexia financeira para 2008-2010, e entre as principais novidades está que durante o verán estrearán unha tenda de descargas de vídeo dentro da PlayStation Network, que chegará nun primeiro momento aos EE.UU. e durante o resto do ano pretenden que chegue a Europa e Xapón. Máis adiante tamén ampliarán este servizo a outros dispositivos como a PSP ou algúns produtos Sony Walkman.
Este servizo de descargas de películas pretendería mellorar os resultados da división de lecer electrónico de Sony, que leva varios anos arrastrando perdas (a PS3 aínda se vende por debaixo do seu custo de fabricación).

PUBLICIDADE