Soloimprenta.es facilita ao máximo os nosos procesos de impresión personalizada

mércores, 23 de marzo do 2016 Redacción

Soloimprenta, a empresa con sede en Vigo, renovou recentemente a súa web achegando novas funcionalidades, solucións e servizos aos seus clientes e usuarios. Un dos obxectivos da imprenta dixital que dirixen Juan Calvo e Eduardo Castro (ecDesign Studio) é facilitar ao máximo, a través da web, procesos como por exemplo imprimirmos material de promoción de calquera índole, obtermos tarxetas de visita ou termos na nosa man papelería personalizada. A nova páxina, indican, tira proveito de toda a bagaxe de coñecemento gañado ao longo dos catro anos previos de experiencia, subministrando servizos de impresión en liña.
A través do sitio remodelado, Soloimprenta achega un completo cartafol de solucións de imprenta e deseño gráfico personalizado (isto último a través do estudo VIVAgráfico, fundamentalmente). Entre outras moitas cousas, tamén permite descargar modelos dos produtos de seu para irmos dándolle forma aos deseños máis acaidos, incluíndo material da nosa colleita (fotos propias, logotipos, identificativos) e deixándonos logo vía libre para subilos á Rede e imprimilos.
Polo que atinxe ao uso e ao acabado final, a páxina salienta pola claridade e a sinxeleza do seu deseño, eliminando do espazo “comprendido” entre o internauta e os impulsores do site todo aquilo que se poida interpoñer na navegación e na comunicación.
Outro dos puntos fortes é a súa “transparencia”, salientando sempre ante o cliente o custe de todos os servizos requiridos e poñendo todos os recursos precisos para evitarlles sorpresas (sobrecustes) aos usuarios en materia orzamentaria. Sinalar tamén que a páxina conta coa certificación do compromiso ético coas boas prácticas en Internet e ecommerce, acreditación outorgada pola entidade independente Confianza Online.

PUBLICIDADE