Solicitan a devolución dos dominios Rojadirecta.com e Rojadirecta.org

martes, 14 de xuño do 2011 Marcus Fernández

Como reacción ao bloqueo dos dominios de Internet rojadirecta.com e rojadirecta.org por parte das autoridades norteamericanas a causa dunha denuncia presentada ante un tribunal de New York, anuncian que a compañía galega detrás destes nomes de dominios (Puerto 80 Projects, S.L.U.) presentou onte unha petición ante o devandito xulgado no que reclama a devolución dos dominios incautados polos EE.UU. baixo acusacións que consideran inxustificadas, xa que aseguran que a páxina web á que apuntan os dominios só é un foro no que os usuarios poden escribir sobre deportes, política e outros temas, incidindo no feito de que Rojadirecta «non hospeda vídeos ou streams de eventos deportivos» senón que limítase a recoller ligazóns a «streams de eventos deportivos que poden atoparse na Internet».
Actualmente Rojadirecta está dispoñible baixo o seu dominio .es aínda que non aparece como tal en Google (senón polo seu enderezo IP).

PUBLICIDADE