Snow Leopard chega á versión 10.6.2
martes, 10 de novembro do 2009
Apple lanzou nas
últimas horas unha nova actualización do seu sistema operativo, que chega
asà á versión 10.6.2, máis estable, compatible e segura,
solucionando problemas detectados coma o peche de sesións inesperados, unha
distorsión gráfica en Top Sites de Safari, a exclusión dos contactos de
Exchange nos resultados de busca en Spotlight, problemas ao utilizar servidores
de arquivos WebDAV e NTFS, dificultades ao recoñecer xestos con 4 dedos, peches
inesperados no Mail ao configurar un servidor Exchange, bloqueo da Axenda no
modo de edición, dificultades para abrir ficheiros descargados da Internet ou a
eliminación de datos ao usar unha conta de convidado.
Tamén mellora a fiabilidade de iWork, iLife, Aperture, Final Cut Studio, Mobile
Me e iDisk, soluciónanse problemas coas fontes e os gráficos, increméntase a
compatibilidade con servidores de AFP doutros fabricantes, etc. AÃnda que hai
unha caracterÃstica que está a dar moito que falar en distintos blogs, como é a
perda de soporte para procesadores Intel Atom, o que parece unha medida
dirixida a dificultar a instalación de Snow Leopard en equipos non fabricados
por Apple, coma ordenadores ultraportátiles de baixo custo (nos que o Mac OS X
ten unha importante presenza).