Snapchat mellora a súa seguridade

xoves, 9 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Tras a vergoñenta filtración de 4,6 millóns de nomes de usuario e números de teléfono de usuarios de Snapchat por un fallo de seguridade reportado meses atrás e non recoñecido pola compañía, finalmente dende Snapchat recoñeceron o seu erro e hoxe actualizaron a súa aplicación para iPhone e para Android, mellorando a funcionalidade de busca de amigos e permitindo que os usuarios de Snapchat poidan desvincular o seu número de teléfono do seu nome de usuario, corrixindo así unha importante eiva na seguridade da aplicación.
Esta actualización precisa que os usuarios verifiquen o seu número de teléfono antes de empregar o servizo de busca de amigos, co que tamén se contribúe a evitar futuros abusos desta funcionalidade para poder provocar filtracións como a pasada.

PUBLICIDADE