SmartPEME introduce en Arduino ás empresas de Barro
luns, 10 de setembro do 2018
O
programa de adestramento tecnolóxico para PEME, profesionais e
autónomos da Deputación de Pontevedra, o programa SmartPEME,
vai ofrecer este mes catro accións formativas no viveiro de empresas
de Barro. A temática dos obradoiros será variada, tocando cuestións
sobre hardware e software libre e ferramentas de xestión para as
empresas, pero todos co nexo común de mostrar as posibilidades e
beneficios das novas tecnoloxÃas para o quefacer diario dos
autónomos e as nosas pequenas e medianas empresas.
A
primeira cita do mes terá lugar o vindeiro 13 de setembro, ás 16:30
h, coa acción Fundamentos e Iniciación ao Arduino - Arduino I.
A segunda parte deste obradoiro, Fundamentos e Iniciación ao
Arduino - Arduino II impartirase o xoves da seguinte semana, 20
de setembro, á mesma hora. Por outra banda, o martes 25 de setembro,
ás 18 h, terá lugar Aprende que aplicación ten o Blockchain
para a túa empresa. E xa por último, Fundamentos e
Iniciación ao Arduino – Arduino III impartirase o 27 de
setembro ás 16:30 h. A oficina SmartPEME de Barro atópase no
viveiro de empresas do polÃgono local. As inscricións pódense
facer no número de teléfono 886 20 20 20, no correo electrónico
info.smartpeme@depo.es ou na páxina web www.smartpeme.depo.gal.
Datos
sobre o Proxecto SmartPEME
SmartPEME é un novo modelo
de servizo orientado á mellora competitiva das PEME e á procura
dunha mellorÃa nas vendas e na eficacia e eficiencia das tarefas,
que abre novos eidos de actuación e acada novos grupos de interese
coma os emprendedores, as asociacións empresariais e os axentes de
dinamización en concellos.
O devandito obxectivo, nas oficinas
do Porriño, Cambados, Pontevedra, LalÃn, Ponteareas, Vigo, A
Estrada e (agora tamén) Barro, abrangue seguintes actividades:
itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de
dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de
networking trimestrais coa participación de profesionais de
prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas
institucionais, especialización sectorial dos asesores en función
das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en
novas tecnoloxÃas a emprendedores, identificación e difusión das
necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén,
impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.