Skype terá unha versión para smartphones de baixa gama

luns, 5 de marzo do 2018 Marcus Fernández

Para a realización de videoconferencias unha aplicación que continúa a ser un referente mundial é Skype, que na súa versión para Android superou o pasado outono os mil millóns de descargas, e para non pecharse cancelas dende Microsoft anuncian que están a lanzar unha nova versión da aplicación optimizada para dispositivos con Android entre as versións 4.0.3 e 5.1, que fai un uso reducido do espazo de almacenamento do móbil e da súa memoria, conseguindo así que funcione en terminais moi básicos ofrecendo unha maior velocidade, mellor son e unha maior calidade de vídeo, á vez que busca funcionar con solvencia en redes pouco estables.
A nova versión de Skype aínda non está dispoñible, xa que a súa distribución global será paulatina, completándose en poucas semanas.

PUBLICIDADE