Skype chega de balde á PS Vita

martes, 24 de abril do 2012 Marcus Fernández

Este mércores chega á categoría de Aplicaciones sociales da PlayStation Store a aplicación de balde de Skype para PS Vita, de xeito que a última consola portátil de Sony poderá empregarse para realizar comunicacións de voz e vídeo tanto a través de Wi-Fi como de 3G. A aplicación tamén contará cun modo de funcionamento en segundo plano, de xeito que poderemos atender unha chamada aínda que esteamos a xogar ou a utilizar calquera outra aplicación da PS Vita.
Como vén a ser habitual coas aplicacións de Skype, aparte de comunicacións de balde entre usuarios do programa, tamén é posible establecer chamadas de voz a números tradicionais grazas a certas funcionalidades de pagamento desta plataforma.


O xogador Fatal1ty explica o funcionamento de Skype para PS Vita

PUBLICIDADE