Simyo vendeu durante horas terminais iPhone 3G

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

A operadora Simyo puxo onte en evidencia o modelo de comercialización en exclusiva de terminais de telefonía móbil por parte dunha operadora de telefonía móbil en Europa poñendo á venda a través da súa web un número limitado de iPhone 3G libres con 8 Gb de capacidade a 599 euros cada un, o que non parece un prezo moi reducido pero animou a bastantes usuarios a adquirir o móbil de Apple (por non esixir un compromiso de permanencia nun contrato de prezo elevado) ata que se esgotaron as existencias.
Simyo adquiriu os terminais dentro da Unión Europea (en Italia se poden mercar libres estes móbiles, aínda que hai poucas existencias dos mesmos) o que nun principio podería ser legal, aínda que Bonatel xa botara atrás un plan semellante para vender os móbiles de Apple en España sen respectar a exclusividade sobre os mesmos de Movistar.
Haberá que agardar agora para ver se Telefónica emprende accións legais para que outras operadoras realicen ofertas semellantes no futuro.

PUBLICIDADE