SienteGalicia.com activa un novo proxecto online que pon o foco no Camiño

martes, 19 de marzo do 2024 S. P.

O equipo de SienteGalicia puxo en marcha esta tempada unha nova iniciativa empresarial, turística e tecnolóxica que pon o foco na ruta xacobea: Camino de Santiago. Trátase dunha spin-off que opera como axencia de viaxes online e, tamén, como “embaixadora dunha comunidade, a de SienteGalicia, que leva 12 anos comercializando escapadas, experiencias e viaxes en Galicia, así como ofrecendo alternativas de roteiros e aloxamentos do Camiño”.
Neste senso, o equipo responsábel da nova axencia pon en valor a traxectoria de Sientegalicia.com para achegar (agora) o mellor servizo posíbel dende Camino de Santiago, unha experiencia acumulada que “nos permitiu especializarnos e ofrecer un servizo impecábel ao redor dos itinerarios xacobeos, grazas ao profundo coñecemento destes roteiros e máis dunha década traballando con líderes hoteleiros e provedores de toda a Península”.
Segundo indican, o novo proxecto nace para cubrir a demanda dun servizo especializado e de calidade que permitirá aos viaxeiros non ter que preocuparse por nada e gozar dunha planificación do Camino de Santiago o máis detallada e completa posíbel, aproveitando ao máximo a riqueza gastronómica, paisaxística, artística e cultural do roteiro de peregrinaxe.
O obxectivo de Camiño de Santiago é “brindar a cada cliente a viaxe personalizada que mellor se adapte ás súas peticións, dispoñibilidade e preferencias, en función da época do ano, o roteiro escollido ou o punto de inicio da súa aventura”.
Estas son as principais características da web:
– Planificación personalizada. Os clientes poden solicitar itinerarios personalizados segundo as súas preferencias e necesidades, incluíndo a elección de etapas, aloxamentos e lugares de interese. A través dun formulario online, os clientes poderán completar aspectos como forma física, paisaxe preferida ou preferencias e saber cal é o mellor roteiro para eles.
– Produto coidadosamente seleccionado. Todos os aloxamentos, hoteis, casas rurais ou pensións do Camino de Santiago foron elixidos polo equipo de profesionais en base á súa atención, situación ou encanto especial, e sempre tendo en conta as opinións manifestadas polos seus clientes.
– Información detallada de cada roteiro do Camiño. O cliente soamente terá que preocuparse por camiñar. Recibirá un completo dossier informativo, recomendacións á carta e datos sobre todos os servizos incluídos, como o almorzo ou o transporte de mochilas.
– Suplementos e actividades adicionais. A web inclúe unha ampla oferta de actividades adicionais para completar a experiencia do Camiño de Santiago, desde excursións a visitas guiadas, traslados privados ou mesmo escapadas para coñecer outros fascinantes lugares de Galicia.
– Contido práctico. Dúbidas? Cando é mellor facer o Camiño? É fácil perderse? Que debo levar? A web inclúe unha útil sección para resolver todas as incógnitas ao redor do Camino.
– Reserva online. Os clientes poderán completar e confirmar a reserva “a golpe de clic” en tan só un minuto.
– Atención ao cliente todos os días do ano. A axencia está dispoñíbel os 365 días do ano para resolver todas as dúbidas dos presentes e futuros peregrinos.

PUBLICIDADE