Shopify permitirá vender a través de TikTok

mércores, 28 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Estamos afeitos a ver como as plataformas sociais de Facebook tenden cada vez máis pontes ao comercio electrónico, e dende TikTok non queren deixar pasar ese tipo de oportunidades, de aí que anuncien unha alianza con Shopify para que vendedores poidan tirar proveito do grande alcance de TikTok para chegar a unha ampla audiencia.
Grazas a esta asociación, os vendedores en Shopify poden conectar a súa conta profesional de TikTok para poder crear directamente anuncios en vídeo que poidan traducirse en compras directas a través de Shopify. Os vendedores poden así elixir os produtos que queren destacar, para xerar anuncios en vídeo de xeito automático que cheguen ás grandes audiencias de TikTok e facilitando a compra directa.
A posibilidade de empregar Shopify para vender a través de canles de TikTok bota a andar nos EE.UU., estando previsto que esta funcionalidade chegue a Europa a primeiros de 2021.

PUBLICIDADE