Shockwave remata a súa vida útil o 9 de abril

luns, 11 de marzo do 2019 Marcus Fernández

Nos anos 90 emerxeu da man de Macromedia unha plataforma para a creación de contidos multimedia interactivos chamada Shockwave, que gozou de grande éxito para a creación de CD-ROM interactivos e máis adiante mantivo o seu pulo na web grazas principalmente a pequenos videoxogos web que usaban esta tecnoloxía.
Tras a adquisición de Macromedia por parte de Adobe, compañía que xa tiña unha tecnoloxía competidora (Flash), Shockwave foi perdendo pulo paulatinamente, até que a primeiros de 2017 retiraron a ferramenta de contidos Shockware, o Adobe Director, e aínda que polo momento o Shockwave Player está dispoñible para a súa descarga, advirten de que o 9 de abril deixará de estar dispoñible, ou sexa, que darán totalmente por morta esta tecnoloxía que no seu día foi crucial para o avance dos contidos interactivos e multimedia nos escritorios informáticos, pero que nun momento no que os móbiles teñen un maior peso e o contido interactivo migrou a tecnoloxías baseadas en HTML5, de aí que non teña sentido manter Shockwave.

PUBLICIDADE