Series.ly transformarase definitivamente en Tviso.com
mércores, 5 de agosto do 2015
Os responsables de Series.ly parecen querer deixar claro que
transformaron o seu servizo en liña nunha plataforma totalmente legal, polo que
están a destacar a súa reestruturación cun cambio de marca definitivo, de xeito
que migrarán
as contas de usuario de Series.ly a Tviso, un proxecto que levan tempo
desenvolvendo e que finalmente converterase na nova casa dos usuarios de
Series.ly, redirixindo automaticamente aos usuarios que visiten a vella web á
nova.
Na situación actual de Series.ly (que limÃtase a ser un xestor de coleccións
audiovisuais na que xa non é posible iniciar a reprodución de contidos na web)
o cambio a Tviso.com é bastante positivo, xa que a nova ferramenta mellora a
organización dos contidos favoritos, impulsa a súa face social (permitindo
compartir co mundo o que vemos e permite descubrir o que ven os amigos), está
adaptado a dispositivos móbiles, permite recibir notificacións no móbil cando
vai ser posible ver unha pelÃcula ou serie que temos pendente, incorpora unha
completa guÃa de televisión (con accesos a emisións en directo), recomenda
contidos das canles ás que teñamos acceso a conta tamén cunhas fichas de
contido máis visibles, con máis información e mellor organizadas. En
definitiva, é unha versión mellorada da anterior páxina web, que avanza no
camiño da súa reconversión para respectar a lexislación española.