Sergio Pazos sobrevivirá unha semana nun camión coa axuda dun móbil conectado á Rede

martes, 6 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Co gallo do inicio do SIMO comeza hoxe o Reto Vodafone Live no que o galego Sergio Pazos deberá sobrevivir unha semana nun camión transparente e baleiro, comunicándose só a través da Internet dende o móbil, sen poder usar a voz nin as mensaxes de texto no que o propio actor cualificou coma «un desafío teatral e unha grande trasnada».
Pazos deberá procurar comodidades, alimento e bebida mediante as posibilidades que ofrece a rede móbil, aínda que tamén poderá trocar 5 móbiles Nokia N90 e 1 libro da autora galega Marta Rivera, El tiempo de prodigios, a xeito de moeda de cambio.

Videochat do Reto Vodafone Live!

O camión (dotado con 6 cámaras de vídeo, 11 monitores de referencia, 4 pantallas de plama, 3 servidores de Internet e 6 equipos informáticos conectados a través de 4 modems Vodafone de alta velocidade) estará 2 días no SIMO (Madrid) e tamén se desprazará por outras cidades españolas, estando o vindeiro día 8 na Praza do Obelisco de A Coruña e o día 9 na zona universitaria da mesma cidade.
Os fondos achegados por esta iniciativa de Vodafone doaranse á Fundación ANAR (Axuda a Nenos e Adolescentes en Risco), de xeito que se colabora co seu proxecto solidario de axuda a menores.

PUBLICIDADE