Samsung publicará unha actualización para evitar a morte súbita dos GALAXY S III

xoves, 3 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Nos últimos 2 meses unha boa mostra de usuarios que adquiriran un Samsung GALAXY S III medio ano antes viron como os seus móbiles deixaban de funcionar de súpeto, sen motivo aparente, o que entendíase que era un problema da súa placa base que estaba presente só en certas partidas dun dos móbiles estrela en 2012, pero esa temida incidencia podería ter os días contados, xa que dende Tweakers aseguran que fontes do fabricante surcoreano comunicáronlles que van publicar en breve unha actualización do firmware do smartphone para impedir que poida producirse a súa morte súbita, para tranquilidade dos millóns de usuarios deste potente móbil.
Dende Samsung aseguran que polo momento só detectaron este problema nun número moi limitado de unidades do Samsung GALAXY S III con 16 Gb de almacenamento interno, e tras unha exhaustiva análise conseguiron atopar a fonte do fallo que deixaba inutilizable a placa base do móbil.

PUBLICIDADE