Samsung incrementa o ciclo de vida dos dispositivos Galaxy

martes, 18 de agosto do 2020 Marcus Fernández

Unha das grandes críticas que teñen moitos smartphones con Android é o seu reducido soporte no que se refire ás actualizacións do seu sistema operativo, de xeito que poucos dispositivos recibían máis dunha actualización de versión de Android, aínda que si podían seguir recibindo actualizacións de seguridade durante varios anos. Para corrixir esa eiva dende Samsung anuncian que para ofrecer unha mellor experiencia comprométense a ofrecer 3 xeracións de actualizacións do sistema operativo nos móbiles das familias Galaxy S, Note e Z.
Por exemplo, un Samsung Galaxy S, presentado o pasado mes de febreiro con Android 10, recibirá a finais de ano a actualización a Android 11, e repetirá a xogada coas vindeiras 2 grandes actualizacións, o que supón unha ampliación do ciclo de vida dos dispositivos Galaxy.
Os móbiles actuais aos que Samsung comprométese a ofrecer 3 xeracións de actualizacións de Android son o Galaxy S20 Ultra 5G, S20 Ultra, S20+ 5G, S20+, S20 5G, S20, S10 5G, S10+, S10, S10e, S10 Lite, os Galaxy Note20 Ultra 5G, Note20 Ultra, Note20 5G, Note20, Note10+ 5G, Note10+, Note10 5G, Note10, Note10 Lite, os encartables Galaxy Z Fold2 5G, Z Fold2, Z Flip 5G, Z Flip, Fold 5G, Fold, os Galaxy A71 5G, A71, A51 5G, A51, A90 5G e as tabletas Galaxy Tab S7+ 5G, Tab S7+, Tab S7 5G, Tab S7, Tab S6 5G, Tab S6 e Tab S6 Lite, así como o resto de dispositivos das mesmas familias que irán chegando ao mercado.

PUBLICIDADE