Sae da cadea o herdeiro de Samsung

luns, 5 de febreiro do 2018 Marcus Fernández

O herdeiro de Samsung saíndo do centro de detención nunha imaxe de Bloomberg

O pasado verán o herdeiro do imperio empresarial de Samsung, Lee Jae-yong, ingresou na cadea baixo cargos de suborno, malversación, perxurio e alteración de contas para agochar doazóns por valor de 43.300 millóns de wons para conseguir favores políticos, pero aínda que o vicepresidente de Samsung tiña que pasar 5 anos entre reixas, vén de saír do presidio tras apelar a anterior decisión xudicial.
Finalmente a condena de cinco anos a dous anos e medio, o que supón que estará en liberdade condicional durante 4 anos. Esta resolución xudicial lembra ao acontecido co seu pai, quen tamén tivo que deixar Samsung un par de anos por unha condena de corrupción, sen ter que chegar a ingresar en prisión, como aconteceu a outros altos directivos da compañía surcoreana, que xa ven como unha tradición a suspensión das súas condenas por corrupción.
Nesta ocasións é toda unha incógnita de Lee volverá a ocupar o seu posto á fronte de Samsung (que ocupaba dende 2014, tras a hospitalización do seu proxenitor por un paro cardíaco), aínda que non semella razoable que poida manter un cargo formal na súa situación actual, principalmente para non fornecer a imaxe de impunidade que ten Samsung no seu país de orixe.

PUBLICIDADE