Sae oficialmente un reprodutor multimedia para Android que soporta vídeos nos formatos máis populares

mércores, 28 de xullo do 2010 Marcus Fernández

A versión oficial do RockPlayer soporta subtítulos en formato .srt

Tras a publicación dunha versión de proba, finalmente chegou ao Android Market o RockPlayer, un reprodutor multimedia para Android 1.6 ou superior capaz de correr vídeos en AVI, MKV, RMVB, FLV, MP4, 3GP, WMV, MOV, MPG, ASF, DivX, XviD, H.264 e RV40 (entre outros formatos soportados polo popular decodificador FFmpeg) que chega en 3 versións optimizadas para os distintos procesadores dos terminais móbiles: ARM v7 (Nexus One, HTC Desire, Samsung Galaxy S Sony Ericsson X10 e outros móbiles de alta gama), ARM v6 + VFP (Samsung SHW-M100S, Samsung GT-i5700 e HTC Legend) e ARM v6 (o resto de terminais).
Esta versión definitiva do reprodutor multimedia soporta subtítulos en formato .srt (aos que podemos mudar a cor e o tamaño) e inclúe publicidade, aínda que pode eliminarse mediante o pagamento de 9,99 dólares.
A aplicación resulta moi práctica porque permite a reprodución de vídeos sen ter que adaptalos anteriormente ao móbil (sendo compatible coa meirande parte de formatos que funcionan habitualmente nun PC).

PUBLICIDADE