Sae á venda o libro Los nativos digitales no existen
martes, 24 de xaneiro do 2017
Ante a crenza popular de que as persoas nacidas a partires
da década dos 90 criáronse rodeadas de tecnoloxÃa como os ordenadores e os
dispositivos móbiles dominan o uso das TIC non son poucos os que chegan a
definilos como nativos dixitais para trazar
unha fenda xeracional que consideran insuperable, por entender de que os
coñecementos sobre a tecnoloxÃa dos máis novos nunca poden verse superados
polos dos seus proxenitores e educadores, que chegan a entender que os rapaces nacen aprendidos, e non precisas que
ninguén os forme axeitadamente en materias tecnolóxicas, o que claramente é
unha falacia, e como tal Susana Lluna e Javier Pedreira Wicho decidiron xuntar a varios expertos e divulgadores para
escribir un
libro colaborativo co obxectivo desbotar o concepto de nativo dixital e asà instar a acompañar aos máis novos na súa
formación en tecnoloxÃas da información e a comunicación.
Os autores do libro, que hoxe
mesmo chegou ás librarÃas españolas, sosteñen que as novas xeracións
carecen de coñecementos, habilidades ou intereses especiais que os doten de
certa superioridade no ámbito tecnolóxico, e na meirande parte dos casos
podemos sorprendernos polo seu grao de descoñecemento máis aló de Instagram,
Snapchat, YouTube ou o software para descargar contidos audiovisuais, non sendo
raro atopar a moitos zoupóns coas TIC, xa que careceron da debida formación, de
xeito que en vez de nativos dixitais,
o máis correcto serÃa chamalos orfos
dixitais.
Para abordar esta temática os colaboradores da obra (que publÃcase baixo
licenza Creative Commons e doará os seus beneficios por dereitos de autor ao proxecto Mak3rs de Ayuda en Acción)
achegan perspectivas moi diferentes, repartidas en dous grandes enfoques: o
libro comeza explicando algúns conceptos básicos sobre o mundo que nos tocou
vivir, e remata dando voz aos supostos nativos dixitais e a quen se encarga da
súa formación nun sistema educativo que non sempre está preparado para tal desafÃo.
Os diferentes capÃtulos permiten que coñezamos máis afondo o que normalmente
chamamos novas tecnoloxÃas (pese a
non ser tan novas), desmontar a mentira da adicción á Internet, sexamos
conscientes da importancia de estar presentes nas redes sociais ou incluso ter
unha visión clara dos dereitos e deberes dos mozos na era dixital.
Este interesante e moi recomendable texto conta cunha grande participación
galega, e asà está coordinado polo mencionado Wicho,
prologado por Enrique Dans e cun
interesante capÃtulo sobre accesibilidade de Fátima GarcÃa Doval, e
precisamente a forte presenza galega nas páxinas de Los nativos digitales no existen
levará a que o libro se presente en dúas ocasións diferentes na nosa terra: o
10 de febreiro no Airas Nunes de Santiago de Compostela e o 24 de febreiro no
museo da Domus (A Coruña).